'Dalia, a modista' pasa da televisión á literatura

A guionista Noe Martínez converte a historia da serie de televisión nunha novela

Seguindo un camiño inverso ao convencional, unha historia ven de transformarse de relato audiovisual en narración literaria, este é o caso singular de "Dalia, a modista". Baseada na miniserie de televisión homónima producida por CTV no ano 2016 e emitida pola TVG, ven de presentarse a novela, escrita por Noe Martínez (Ourense, 1975), unha das guionistas, xunto a Eligio R. Montero e Ghaleb Jaber Martínez, da serie. A Fundación Araguaney faise cargo da edición deste volume derivado dun produto audiovisual da produtora do Grupo Araguaney. 'Dalia, a modista' trátase dunha obra cunha trama de misterio, amor e superación ambientada nos anos 50, na vila de Prescedo. A serie na que a historia se puido seguir orixinalmente, obtivo en 2017 catro premios Mestre Mateo do Audiovisual dos doce nos que foi finalista e tamén foi recoñecida ese ano como mellor serie televisiva nos Premios CREA Asociación de Directores e Realizadores de Galicia. Na súa estrea na TVG, "Dalia a modista" obtivo una cota media de pantalla dun 17 por cento, con picos do 24 por cento de share. Retransmitida en varias canles autonómicas españolas (Aragón TV, CMMedia, Televisión Valenciana) e en Europa Europa, canle de televisión latinoamericano, conseguindo unha gran acollida en Arxentina, Chile e Perú.